Zahara e Lontreira actuarán o 4 de agosto na Festa do Albariño

A autora de Esto no es una canción política levará á Praza de Fefiñáns de Cambados un show que supón, á vez, un espazo de expresión e reivindicación

A artista Zahara. DS
photo_camera A artista Zahara. DS

A artista Zahara actuará o venres 4 de agosto na Festa do Albariño de Cambados, cun espectáculo previsto para as 23.00 horas na Praza de Fefiñáns, no que seguirá explorando a súa faceta máis electrónica e libre, liderando un espazo de expresión e reivindicación, de música e baile, pero tamén de reflexión. O show, ademais, estará precedido por un concerto de Lontreira.

A autora de Esto no es una canción política, tema inédito que só se poderá escoitar nos seus espectáculos, levará a cabo una actuación escura, radical e grande que conta con catro bailarinas, unha nova escenografía, un novo repertorio e remixes. O tema, composto nun momento moi concreto despois daquel día no que Zahara apareceu en cada informativo e faladoiro político, terá cabida neste espazo de seguridade para poder interpretalo.


Estas son só algunhas das novidades deste Zahara Rave que se desenvolverá en poucas datas en España, e que fai máis especial e único este concerto da LXXI Festa do Albariño.

As entradas sairán á venda este xoves 13 de xullo ás 12.00 horas en ataquilla.com a un prezo de 7 euros (gastos incluídos).