A Xunta saca a concurso a explotación dunha planta no porto de Tragove

O obxectivo de Portos é recuperar unas instalacións cunha nave de 3.000 metros cadrados
Puerto de Tragove en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Puerto de Tragove en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, sacou a concurso a explotación das instalacións dunha planta de cultivos mariños no porto de Tragove, en Cambados. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio da licitación para o outorgamento dunha concesión administrativa para esta actividade.

O obxectivo de Portos de Galicia é recuperar e poñer en servizo unhas instalacións que inclúen, entre outras superficies, unha nave de traballo de 3.000 metros cadrados con piscinas anexas. Deste xeito promóvese a actividade portuaria e a reactivación de espazos públicos que agora están sen uso.

O anuncio do DOG establece que o prazo máximo da concesión será de 50 anos e permitirá acoller, ademais da propia actividade de cultivos mariños, outras de carácter complementario ás portuarias. Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia.