A Xunta elimina un vertido de augas residuais na rúa Muelle de Santo Tomé

Unha nova inspección por parte do persoal autonómico confirmou a emenda do líquido contaminante
Rúa Muelle de Santo Tomé en Cambados
photo_camera Rúa Muelle de Santo Tomé en Cambados

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais na rúa Muelle de Santo Tomé, no concello de Cambados.

O punto da achega irregular foi detectado polo persoal do Programa de Control de Vertidos durante tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Os inspectores da Xunta localizaron o vertido na rede municipal de saneamento, que orixinaba unha filtración de augas residuais visible na citada rúa. Augas de Galicia notificoulle a incidencia  á empresa concesionaria do servizo municipal de augas para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova inspección á zona, persoal da Xunta e municipal, verificaron que  a actuación levada a cabo pola empresa concesionaria no colector que presentaba o atranco permitiu a emenda do vertido irregular cara ao dominio público.