A Praia de San Tomé loce tres esculturas de area creadas por un artista nómada

A Concelleira, Fátima Abal, púxose en contacto co autor das obras como posible atractivo turístico da vila 
 
Obras de area feitas polo artista nómada, Jacobo.
photo_camera Obras de area feitas polo artista nómada, Jacobo.

A praia de San Tomé loce nos últimos días varias esculturas de area. Son tres obras artísticas tridimensionais cuxo autor apareceu en Cambados como parte do seu periplo nómada.

Jacobo procede de Lugo e vai trasladándose de concello en concello deixando as súas pegadas no litoral e vivindo das axudas e donativos que lle vai dando quen se para a admirar os seus traballos.

A pesar do seu carácter reservado, puidemos saber que aprendeu a modelar a area dun amigo ocasional e foi perfeccionandose de forma autodidacta.

Valéndose só coas suas mans, na praia de San Tomé quedaron xa tres das súas construccións: un castelo amurallado e dúas figuras humanas de home e muller sentados en pezas que semellan tronos.

A Concelleira, Fátima Abal, púxose en contacto co artista para, chegado o caso, poder contar con el e que as súas obras poidan ser un novo atractivo turístico da vila.