O municipio clausura a acción formativa 'Atanto Aparellos' o próximo mércores

O proxecto de colaboración pretende cubrir unha necesidade do sector pesqueiro ao tempo que trata de poñer en valor e manter un oficio do sector do mar que é fundamental: o das persoas que atan
Imagen de la presentación de la presente edición de Atando Aparellos. CONCELLO DE CAMBADOS
photo_camera Imagen de la presentación de la presente edición de Atando Aparellos. CONCELLO DE CAMBADOS

A iniciativa Atando Aparellos, promovida pola Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, o Concello de Cambados e a Asociación Mulleres Salgadas, que deu comezo fai un ano, está a chegar á súa fin.

Dende o 1 de novembro de 2021 e de xeito continuado estase a desenvolver a segunda anualidade do proxecto na que a actuación protagonista é precisamente, a que deu orixe ao proxecto: os cursos de confección e mantemento de artes e aparellos, aínda que tamén se contempla no marco do proxecto a realización dun acto final. O proxecto tivo moi boa acollida, tanto entre a xente interesada na temática, como no propio sector que ve moi necesario o mantemento deste oficio para o desenvolvemento da actividade pesqueira. Ao longo das dúas edicións, formáronse 34 persoas: 20 na primeira e 14 na segunda. 

O evento que porá fin a esta iniciativa bianual terá lugar o vindeiro mércores día 21 de setembro ás 17.30 horas no Salón de Actos, planta superior, da Confraría de Pescadores de Cambados.

A finalidade do acto é dobre: por unha parte, dar a coñecer os obxectivos e resultados obtidos coa realización do Atando Aparellos e por outra, facer entrega do certificado de formación ao alumnado asistente.