Liso González (BNG): "Queremos que os veciños sexan os dinamizadores de vida social"

Urbanismo, vivenda ou movilidade son algúns dos eixos da proposta do candidato nacionalista en Cambados
Liso González, candidato del BNG. DS
photo_camera Liso González, candidato do BNG de Cambados. DS

En xaneiro fixo un ano desde que é concelleiro. Como foi a aprendizaxe?
Levo participando na vida do BNG desde o ano 1995 e teño ido nas listas. Estou fogueado.

Despois do baixón de 2019, con que ánimos se presentan?
Desde unha óptica realista e pensando no traballo feito nestes catro anos por abaixo, falando coa xente que buscou outras opcións, e tamén na receptividade que estamos tendo na campaña. Queremos medrar e ser a forza que lidere un goberno de esquerdas.

Pode axudar o vento que parece soprar a favor do BNG?
Todos os inquéritos din que somos a forza que vai cara arriba. A marca suma e nós somos unha organización cun proxecto para Galiza.

Que balance fai do mandato anterior?
O orzamento non se corresponde coas necesidades de Cambados, é un suma e sigue dos da época do PP. O Concello está sen recursos humáns e a Relación de Postos de Traballo está baleira de contido. Hai que facer á xente protagonista. As fotos que sexan para os clubs e as asociacións veciñais eculturais, e que sexan os dinamizadores da vida social. A diferencial do IPC co que subiron os presupostos é de oito puntos, iso significa 380.000 euros que deixa de ter para investir.

Que plantexa o BNG?
As Normas Subsidiarias son do ano 1990 e o urbanismo está estancado, non temos vivenda nin solo para construíla. Queremos reformar a fronte litoral. É un proxecto de máis de 20 millóns de euros no que vai un aparcadoiro soterrado e 3.000 metros de zonas verdes. É un traballo moi ambicioso. Tamén queremos a integración das parroquias no Concello, sen diferenciacións.