O Instituto Ramón Cabanillas renova os paneis do pavillón de deportes

A obra contará cun investimento de 6.000 euros e coa axuda municipal
<p>Obras realizadas en el Instituto Ramón Cabanillas en el año 2019. JOSÉ LUIZ OUBIÑA</p>
photo_camera Obras realizadas en el Instituto Ramón Cabanillas en el año 2019. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello e o Instituto Ramón Cabanillas acometeron a renovación interior do pabillón de deportes do centro educativo. A obra permitiu a sustitución dos paneis frontais e laterais da instalación que se encontraban moi deteriorados pola súa antigüidade. A obra supuso un investimento de 6.000 euros, financiados a partes iguais entre o Concello e o Instituto.

O alcalde e concelleiro de Obras, Samuel Lago, explica que "con este arranxo atendemos as demandas da dirección do centro co fin de que se poidan seguir utilizando de forma óptima estas instalacións deportivas escolares, moi frecuentadas tanto polo alumnado como por outros colectivos".

O concelleiro de Deportes, Fernando Patricio, destaca "a importancia de executar medidas que favorezan a formación do alumnado tamén no ámbito deportivo". A directora do centro, Lorena Amarelle, agradeceu a disposición e colaboración do Concello para realizar esta actuación.