O Concello mellora a seguridade peonil coa renovación da beirarrúa do Colexio de Corvillón

O Goberno local solicitou a intervención da Deputación ante o deterioro causado na estructura polas raíces das árbores
O alcalde Samuel Lago visitando as obras na contorna do Colexio de Corvillón. CEDIDA
photo_camera O alcalde Samuel Lago visitando as obras. CEDIDA

A beirarrúa da contorna do CEiP de Corvillón presenta unha imaxe totalmente renovada tras unha intervención solicitada polo Concello de Cambados á Deputación de Pontevedra, por ser esta última a titular do vial.

A estrutura peonil, situada na frontal do centro educativo, encontrábase moi deteriorada debido aos efectos das raíces das árbores ubicadas na mesma, co conseguinte perigo para a seguridade nunha zona escolar.

O alcalde Samuel Lago explica que "é un problema frecuente cando se plantan árbores de porte moi alto próximas as zonas de pavimento peonil. Por eso, noutras actuacións semellantes temos que tratar de plantar variedades que non teñan tanta envergadura".

Neste caso, as árbores que estaban causando o dano xa foron retiradas e a beirarrúa quedou totalmente renovada nunha intervención financiada e executada íntegramente pola Deputación de Pontevedra.

O alcalde afirma estar moi satisfeito co resultado da obra "porque trala nosa petición, a Deputación puxo en marcha o proxecto con moita celeridade e non se llmitou a sustitución das losetas rotas se non que renovou a totalidade do frente do colexio, duns 50 metros de lonxitude aproximadamente".