O Concello recepciona as obras de mellora do depósito de Treviscoso

A actuación permitirá evitar as fugas de auga, garantir a calidade óptima para o consumo e reforzar a durabilidade da estructura
DEPÓSITO DE TREVISCOSO. DP
photo_camera Depósito de Treviscoso. DP

O Concello de Cambados recepcionou as obras de mellora integral executadas no depósito municipal de auga, ubicado en Treviscoso. A actuación supuxo un investimento de 105.000 euros, financiado na súa totalidade a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

O alcalde Samuel Lago explica que con estas obras, necesarias polo mal estado de conservación no que se encontraba o depósito, "evitamos as fugas de auga, co correspondente aforro económico e medioambiental, reforzamos a durabilidade da estructura e garantimos a calidade óptima para o consumo".

Os traballos contemplaron a impermeabilización da cuberta para impedir as filtracións procedentes da chuvia e o selado interior das xuntas nos paneis laterais e no solo do depósito. Asimesmo, realizouse o tratamento das grietas provocadas pola antiguidade, así como a aplicación dun procedemento anticorrosivo para reforzar a estructura de formigón. A actuación tamén incluiu a restauración da caseta da cámara de válvulas -con lavado, pintado e selaxe da xunta- e se instalou un filtro colador.