O Albariño reparte as distincións das novas Donas e Cabaleiros da LXXI edición

A xornalista Lucía Rodríguez, o embaixador arxentino Ricardo Alfonsín e o conselleiro Román Rodríguez foron, entre outros, os principais recoñecidos desta edición
Presentación do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño de Cambados. DS
photo_camera Presentación do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño de Cambados. DS

O Albariño repartiu este venres as novas distincións de Donas e Cabaleiros da LXXI edición da Festa do Albariño. O evento, que tivo lugar no Parador de Cambados, estivo organizado polo Capítulo Serenísimo do Albariño e presentado por Pedro Piñeiro, secretario da entidade e adegueiro.

Antes de nomear aos premiados, Piñeiro quixo reivindicar "a las más de 50 cofradías de distintos lugares del mundo" que forman parte desta edición da multitudinal Festa celebrada en Cambados. 

As dúas mulleres recoñocidas nesta edición co galardón Dama do Albariño foron a xornalista de Castro Caldelas, Lucía Rodríguez Vázquez, e Ana Rodríguez Carril, adegueira na Bodega Bouza de Carril.

Pola súa banda, o Capítulo Serenísimo do Albariño recoñeceu como Cabaleiro do Albariño ao Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, ao doutor en psiquiatría, Luis Rojas Marcos, e ao embaixador de Arxentina en España, Ricardo Alfonsín. Este último é fillo do expresidente arxentino, Raúl Ricardo Alfonsín, que tiña raíces familiares en Ribadumia.

Como é habitual, a entidade tamén otorgou as Follas de Prata, que este ano serán para José Ramón Villanueva, Celia Bejo, Victoria Doval, Victor Otero, Antonino de Sousa, José Padín, Margarida da Rocha e a concelleira de Cambados, Sabela Fole.

Os outros recoñecementos recaeron sobre a Fundación Juana de Vega, o Albariñense de Honra, e sobre Andrea Piñeiro, Alba Martínez e Ana Rosa Álvarez, os Xóvenes Albariñenses. Por último, o Capítulo Serenísimo do Viño Albariño de Cambados confirmou os seus irmandamentos coa Real Confraría Viño Alvarinho de Monçao-Melgaço e coa Cofradía del Desarme de Oviedo.