Cambados homenaxea a figura de María Dolores del Valle cunha ofrenda floral

A concelleira de Igualdade e Muller, Fátima Abal asegurou que "foi unha persoa moi importante para Cambados"
Fátima Abal e Cruz Leiro na ofrenda floral a María Dolores del Valle Béchade. DS
photo_camera Fátima Abal e Cruz Leiro na ofrenda floral a María Dolores del Valle Béchade. DS

Tal día como hoxe de 1967, morría nunha habitación do pazo de Serantellos María Dolores del Valle Béchade, alcumada A Francesa, e o Concello de Cambados quixo honrar a súa memoria cunha ofrenda floral polo aniversario do falecemento na capela na que se atopan os restos tanto dela como da súa familia.

No acto estivoeron presentes a concelleira Cruz Leiro, e a concelleira de Igualdade e Muller, Fátima Abal, quen non dudou en por en valor o nome de María Dolores. "Non queremos que a figura de María Dolores del Valle caia no esquecemento xa que foi unha persoa moi importante para Cambados e cremos que merece ser recordada sempre. De ahí que o ano pasado se fixese esa remodelación da praza da Xuventude e se lle dese o seu nome, xa que era unha pertenza dela e tamén que fai uns anos se fixese filla adoptiva do concello nun pleno".

Unha parte importante da súa vida é o colexio Salesianos de Cambados. "A familia salesiana tampouco a esquece e para eles hoxe tamén é un día moi especial, aínda que non nos puideron acompañar". A Francesa donou o que hoxe é o colexio Salesianos, o pazo Serantellos no que vivía, "con todas as pertenzas para facer precisamente ao principio ese colexio-seminario e para formar sacerdotes e o que hoxe en día é, un instituto de secundaria", comentaba Abal.

A concelleira asegurou que del Valle sempre tivo moitísima afinidade coa xente xove. "Era unha avogada defensora da xuventude, e quería que ese espazo tan amplo e tan grande fose un colexio salesiano posto que era a relixión que ela practicaba e era unha persoa moi crente".

O certo e que o pazo foi o lugar no que se quedou durante os seus últimos anos de vida, cando non se podía desprazar como facía habitualmente, "xa que era unha persoa moi viaxeira, encantáballe coñecer novas culturas". Era unha muller moi polifacética, que "pintaba, escribía" entre outras virtudes. "Non podemos facer outra cousa que estarlle agradecidos por sempre, todo o pobo, e demostrámolo hoxe aquí con esta pequena ofrenda floral ante a súa capela", sentenciou Fátima Abal.