A Festa do Albariño dá a coñecer ás Damas e Cabaleiros e o programa para a fin de semana

Na rolda de prensa celebrada esta mañá no patio do Parador do Albariño deuse conta dos actos que o Serenísimo Capítulo do Albariño ten preparados para esta fin de semana
Rueda de prensa de presentación del Serenísimo Capítulo do Albariño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Rueda de prensa de presentación del Serenísimo Capítulo do Albariño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Cambados segue inmerso na celebración da LXX edición da Festa do Albariño, e esta mañá, ás 12.00 horas, produciuse a rolda de prensa na que se informou dos actos que o Serenísimo Capítulo do Albariño ten previsto realizar esta fin de semana. 

Comezará este sábado ben cedo, ás 09.00 horas, cunha comitiva de máis de 120 membros de confrarías enogastronómicas de España e Portugal, que se desprazarán en varios autobuses dente Cambados ata a Catedral de Santiago de Compostela para acudir a unha misa especial e ofrenda ó Apostolo, que terá lugar ás 12.00 horas. A ofrenda, que será oficiada por D. Pedro Piñeiro (Chancelleire do Capítulo), contará coa presencia, logo da xestión da organización, do Botafumeiro da Catedral.

Trala misa, a comitiva partirá ata o Restaurante Escala de Padrón, onde se celebrará unha comida de confraternidade, na que se levará a cabo un irmanamento entre o viño Albariño-Rías Baixas e o viño de Geropiga de Coimbra (Portugal).

Xa o domingo 7 de agosto, ás 12.00 horas producirase a recepción de autoridades e cofrades no Auditorio da Xuventude de Cambados. Media hora máis tarde terá lugar a saída da comitiva cara o Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns. Ás 13.00, levarase a cabo o acto de distincións e investidura de novas Damas e Cabaleiros do Albariño, que contará coa presenza de figuras destacadas como son o Gran Mestre do Capítulo, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia e Cabaleiro da orde. Ao remate, a comitiva desprazarase ata o Pazo de Torrado, onde se celebrará a comida oficial da Festa do Albariño e lectura dos viños premiados nesta edición.

As novas Damas e Cabaleiros da orde

D. Pedro Piñeiro desvelou quenes van ser distinguidos nesta edición do Serenísimo Capítulo e os nomes das novas Damas e Cabaleiros da orde.

Damas e cabaleiros do Albariño: María Sineiro Fontentla (adegueira), Begoña Vila Costas (astrofísica na NASA), José Luis Aragunde Soutullo (campión do mundo de cata por equipos), Samuel Lago Ozón (alcalde de Cambados) e Joaquín Manso Gutiérrez (Director do xornal El Mundo).

Follas de prata: Merchi Álvarez Fernández (presidenta de AME), José Alonso Gregorio (adegueiro), Julio César García-Luengo Pérez (alcalde de Crecente), Carlos Martínez Guardado (vicepresidente de FECOGA) e Julio Reboredo Froiz (vicepresidente da D.O. Rías Baixas).

Albariñenses de Honra: Asociación Galega de Enólogo e Ayuntamiento de Oviedo.

O domingo coñeceránse os premiados da XXXIV Cata Concurso Rías Baixas Albariño

Un total de 54 viños albariño Rías Baixas da añada 2021, calificada polo pleno do Consello Regulador como "buena", foron catados onte e hoxe na XXXIV Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que se desenvolve no Parador de Cambados.

Un panel de 24 expertos levou a cabo esta mañá a Cata Derradeira. Así, hoxe decidíronse os tres Albariño Rías Baixas 2021 gañadores de entre as 12 mostras finalistas, que se darán a coñecer o vindeiro domingo 7 de agosto durante a comida Oficial no parque de Torrado.