Cambados comeza a planificar o dispositivo de seguridade da Festa do Albariño

A LXX edición celebrarase do 29 de xullo ao 2 de agosto

Un grupo de personas en la Festa do Albariño. DP
photo_camera Foto de archivo de la un grupo de personas en la Festa do Albariño. DP
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu a inicios deste mes a Xunta Local de Seguridade en Cambados, xunto o alcalde da localidade, Samuel Lago. Tamén asistiu o coronel xefe provincial da Garda Civil, Simón  Venzal, e outros  reponsables da Policía Local e da seguridade municipal. O tema principal do encontro tivo relación coa celebración da súa tradicional Festa do Albariño que se recupera tras dous anos sen terse celebrado por mor da pandemia de covid-19. Deste xeito, a xuntanza centrouse en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o desenvolvemento dos actos desde multitudinario evento que chega á súa LXX edición e se celebrará do 29 de xullo ao 2 de agosto. 

Maica Larriba puido comprobar toda a coordinación necesaria para o bo desenvolvemento destes festexos, mantendo a súa preocupación para seguir traballando na seguridade tan necesaria nas celebracións estivais. Así, as accións que se van levar a cabo por parte dos Corpos e Forzas de  Seguridade do Estado pasan pola posta en marcha de controis de circulación nos accesos a Cambados, contando para iso de medios terrestres e aéreos e pola activación de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores. Ademais, servirán de apoio aos axentes da Policía Local, garantindo o bo desenvolvemento das actividades festivas.