Banda de Castrelo: 133 anos de música ininterrompida

Banda de Música de Castrelo ▶ A de Cambados, é unha das institucións musicais con máis historia do Salnés. O seu director, Nicolás Portas Ricoy afornta agora novos retos tras unha pandemia global que fixo estragos durante dous anos no ámbito da cultura en directo
A Banda de Castrelos tocando nunha das súas funcións./D.P
photo_camera A Banda de Castrelos tocando nunha das súas funcións./D.P

A Banda de música de Castrelo, en Cambados, goza de moita historia. Esta pode presumir de ser a que dende a súa formación -en 1890- tocou de forma continuada ata o día de hoxe. Durante todos estes anos diferentes tipos de directores pasaron a formar parte desta formación e na actualidade a dirección lévaa Nicolás Portas Ricoy. "Houbo moitos cambios en todos estes anos, pero agora a forma de levar a banda é para achegar este tipo de música á xente e que lle sexa amena", expresa.

En Galicia, a creación desta banda veu co auxe do século XIX. Nesta época a proliferación de agrupacións musicais para dar vida ás festas e eventos era constante. "A tradición que tiñan as bandas era moi extensa. Antes non había orquestas e todo dependía deste tipo de agrupacións". comenta. Para Nicolás, dito hexemonía veu da recuperación da tradición militar das bandas de música. E neste contexto apareceu a formación de Castrelo.

Antes non existían as orquestas e as Bandas ocupaban máis espazo
musical. Agora hai que reinventarse

O primeiro director que levou a batuta neste grupo foi Manuel Padín Sotelo (1890-1910). "Gracias á familia Padín a banda sempre se mantívo a flote e isto fixo que conseguira máis fama e crecera", relata o director actual. Segundo el, dita familia, sempre contou cun membro da familia adicado ao mundo da música, o que facilitou a tarefa de dicación a esta agrupación musical. Dentro da longa traxectoria do grupo, un dos directores que comezou a darlle un "enfoque máis actual e diferente á banda foi Joaquín Montañés" (1955-1963 e 1978- 1981).

Moitos foron os directores e persoas que pertenceron a este colectivo musical. 300 músicos e 30 directores forman parte da historia desta institución histórica. Na actualidade, a banda está conformada por medio cento de músicos. "Hai xente dende os 11 anos ata 75", comenta Ricoy. A maioría destes integrantes pertecen a escola de música ou ao conservatorio, pero todos tocan no colectivo ou se adican á banda dunha forma amateur.

REINVERTARSE. Os tempos cambian e adaptarse aos novos tempos está á orde do día. "Nós agora o que buscamos é achegar ás bandas e este formato musical á xente readaptandose", di Nicolás Portas. Debido a que agora ocupan menos espazos que noutros tempos pasados, este director, ten o reto de compaxinar á agrupación e atopar e readaptar música actual para tocar na banda. "Procuramos que música que se pode escoitar na radio tamén se escoite con nós para achegarnos a máis número de persoas", expresa.

VOLVER EMPEZAR. A pandemia trouxo moitas consecuencias a posteriori e no caso dos músicos "estar ao mesmo nivel que no 2019 está sendo complicado", comenta Ricoy. Atopar lugares onde tocar ou mesmo volver ao mesmo nivel musical que antes da covid é algo no que teñen que traballar xa que ao adicarse de forma amateur, "os músicos non ensaiaron ou mantiveron o nivel como se foran un profesional", explica o director da institución.