Os Greta Thunberg do IES Francisco Asorey urxen que se free o cambio climático

Alumnado e profesorado vístese da activista medioambiental para reclamar concienciación contra o cambio climático coincidindo coa COP27 e o vinte aniversario do afundimento do Prestige
Alumnado do IES Francisco Asorey reclama concienciación contra o cambio climático. IES FRANCISCO ASOREY
photo_camera Alumnado do IES Francisco Asorey reclama concienciación contra o cambio climático. IES FRANCISCO ASOREY

"Queren roubarnos o futuro" é unha das frases que se puido ler nas pancartas do alumnado do IES Francisco Asorey, que onte reivindicou ao máis puro estilo Greta Thunberg concienciación para frear o cambio climático. Vestidos como a activista medioambiental, rapaces e rapazas, acompañados polos seus profesores, saíron ás portas do instituto para reclamar que a humanidade se tome en serio a importancia de coidar do planeta.

A iniciativa levouse a cabo coincidindo coa COP 27 e co aniversario da maior catástrofe ambiental que se lembra en Galicia, o afundimento do Prestige fronte ás costas galegas e a marea negra que hai vinte anos afundiu a fachada atlántica baixo milleiros de litros de chapapote.


"Está demostrado que a crise climática é unha grave ameaza para os dereitos dos nenos, e que xa está profundizando as desigualdades entre fronteiras e xeracións  de xoves", manifestaron desde o centro, que  que lembra a importancia da concienciación para  o deter cambio climático.