O alcalde de Cambados da por finalizada a reforma urbanística da Rúa Nova

Nun acto este mediodia cos medios explicou a obra acometida polo Concello que afectou tamén á Rúa Albariño e na que se instalou un sistema de empedrado evitando os desniveis
Samuel Lago, alcalde de Cambados, durante el acto de presentación del resultado de la obra de Rúa Nova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Samuel Lago, alcalde de Cambados, durante el acto de presentación del resultado de la obra de Rúa Nova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, deu por finalizada a obra de remodelación da Rúa Nova e da Rúa Albariño este mediodía nun acto no lugar no que explicou o proxecto acometido. A reforma consistíu na modernización da beirarrúa e a ampliación do espazo, xa que antes da reforma eran moi estreitas e estaban constituídas por escalóns, rampas ou pendentes pronunciadas, ademáis de estar feitas dun terrazo esvaradizo que complicaba o acceso. O rexidor asegurou que a urbanización era una obra á que lle tiñan “moitas gañas dende inicios do mandato” ao considerala “moi necesaria”.

No proxecto acometeuse a renovación integral tanto das instalacións soterradas como en superficie, habilitándose unhas beirarrúas máis anchas feitas en granito. O rexidor mostrouse “moi satisfeito co resultado” xa que foi un proxecto “realmente difícil dado que a beirarrúa de antes fora feita ó nivel dos edificios, o que provocaba eses desniveis”. Para correxilo, o Concello incluíu un paso elevado para peóns no entroque coa Rúa Albariño coa finalidade de que “os coches circulen a menor velocidade e de igualar o nivel entre as dúas beirarrúas e que os peóns poidan cruzar sen dificultade”, explicou Lago.  

A reforma, cun custo aproximado de 90.000 euros, emprega unha estética de empedrado, igual que as zonas de aparcamento, carga e descarga e a recentemente habilitada área de estacionamento para persoas con movilidade reducida. Outra das melloras realizada foi “a prolongación da rúa, que no proxecto inicial estaba contemplada un pouco máis curta e decidimos ampliala ata a última vivenda que había aquí con ese diñeiro sobrante da licitación”, resaltou o alcalde.  

Outro dos factores que tiveron que ter en conta foron as zonas de aparcamento da Rúa Albariño, na que no segundo tramo da rúa estaban no lado dereito, e no primeiro tramo no esquerdo, polo que producía un quiebro. “Optouse por trasladar, e foi tamén unha modificación no proxecto que non estaba contemplado, os aparcamentos á mesma marxe para que a rúa manteña todo o trazado recto”.  

Por último, Lago explicou a solución adoptada cos restos arqueolóxicos atopados na zona. “Foron catalogados como vivendas antigas pero sin gran valor arqueolóxico, e polo tanto simplemente foron protexidas e soterradas novamente”, sentenciou o líder de goberno local.