Vilagarcía

Os mil e un sorrisos do Fexturrón

Patinar sobre xeo (ou intentalo!), deslizarse por un tobogán xigante sobre un donut grande tamén, subir nas atraccións ou saltar nos inchables... Son algunhas das propostas que ofrece o Fexturrón, unha sorte de parque divertido para público infantil e familiar e que un ano máis está facendo as delicias dos máis pequenos da casa. Para mostra estas imaxes nas que non faltan sorrisos e risos a esgalla. Búscate neste álbum... E lembra, o Fexturrón permanece aberto no recinto feiral de Vilagarcía, o Fexdega ata o 9 de xaneiro.