Sanxenxo

Festa do Jato de Sanxenxo

Centos de jatos jatas percorreron este sábado as rúas de Portonovo tras o rato, unha tradición xa consolidada na vila mariñeira e que cada ano gaña máis adeptos. Nesta ocasión o humorista Isi volveu repetir como convidado especial desta xornada felina, que contou con centenares de participantes ataviados de orellas, bigotes e nalgúns casos perrucas e rabos.