Deportes

Inauguración dos 28º Xogos Minoritarios Autonómicos en Vilagarcía

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou este sábado a importancia que ten o deporte para favorecer a plena inclusión das persoas con discapacidade. Díxoo na inauguración dos 28º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios organizados por Special Olympics Galicia e que durante todo o día se desenvolven no pavillón Fexdega de Vilagarcía de Arousa.

González Abeijón destacou o traballo que realizan as entidades sociais para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Así mesmo, apuntou que actividades como estes xogos contribúen a dar máis visibilidade a estas persoas e ás súas necesidades.